jueves, 2 de abril de 2009

REVOLUCIÓN EN ALLARIZ

Hoxe, rememoramos a revolución acontecida en Allariz, en Agosto  do ano 1989, toda unha vila, cansa dos caciques (encabezados polo alcalde Leopoldo Pérez Camba do  PP), organizouse e loitou contra o equipo de goberno polas súas actividades caciquís. Todo comezou polas verteduras de todo tipo de obxectos ao rio, como consecuencia disto centos de troitas morreron, isto foi un dos detonantes da queles feitos. Os veciños fixeron un peche no concello durante meses aguantando os insultos do alcalde, as intimidación da Garda Civil e dos antidisturbios. Moitos veciños ingresaron na cadea só por querer mellorar o súa vila e rematar cos políticos corruptos que tiña Allariz. 

Enlace onde podedes ver un documental de 51 minutos de duración onde os protagonista da revolta lembran aquel ano.





miércoles, 1 de abril de 2009

SUCESO


Onte, 1 de Abril, e coincidindo co final da Guerra Civil fai agora 70 anos, atopouse unha granada mortero, seguramente daquela época na rúa Ramón Cabanillas.Un operario atopouse nunhas obras con dita granada e a meteu na maleteiro do coche e cando rematou de traballar llo comunicou á Garda Civil, e esta á policia nacional, nese preciso instante axentes da policía nacional e gardas civís acordoaron a rúa e inspeccionaron o coche ata que chegaron os TEDAX, os TEDAX extraeron do vehículo o artefacto e o trasladaron a Pontevedra onde será desmontado, analizado e nos próximos días se saberá con exactitude si o vecindario correu perigo nalgún momento.




GRUPO DE MÚSICA

Un grupo de músicos de Vilagarcía de Arousa con gañas de pasalo ben e facer disfrutar á xente, xuntouse para crear o grupo LUSCO FUSCO, levan aproximadamente un ano facendo vibrar á xente cos seus concerto e fixenlle unha entrevista a pive, o bateria do grupo, para coñecelos un pouco mellor.
Os compoñentes do grupo son:
-Pablo Paz Varela: Guitarra
  -Andrés López: Guitarra
  -Angela Chapela Bouzas: Gaita        
-Alvaro Cardalda Meléndez: Acordeón, voz e teclado.
  -Ramón Lorenzo: Baixo (Foto de abaixo)
  -Diego Martín Drogo Picallo: Bateria e percusión
-¿Como xurdeu a idea de formar o grupo?
Pois nos enteramos que Andrés(o 3º comezando pola esquerda) e brais(2º comezando pola esquerda)estaban formando un grupo, nese momento era só para tocar cos amigos e tal, pero se enteraron que Álvaro(2º pola dereita) tocaba o acordeón e esto servía para darlle un toque máis folk ao grupo, logo me comentaron se queria ir tocar a bateria e aceptei encantado e asi empezou lusco fusco. 
Xuntámonos con gañas de tocar e o noso gusto pola música fixo moito pero demonos conta que faltaba algo no grupo, o acordeón non rematou de dárlle o toque de folk que necesitabámos, entón xurdiu a oportunidade de poder introducir unha gaita, como xa coñeciamos a Ángela Chapela Bouzas xa conseguimos á gaiteira e ao instrumento máis importante de LUSCO FUSCO.

-¿ E que me podes contar do nome, Lusco Fusco?
Pois nós estabamos buscando un nome galego que nos identificara como galego falantes, mais ao principio tiñamos outro nome, Os Mariscais, pero logo ao estar xa formado o grupo ao completo non estabamos satisfeitos co nome ,entón decidimos buscar e adecuar o nome ao noso gusto.
Entón un día nos fixamos nunha frase que se di en galego, entre o lusco e o fusco, gustounos moitísimo e de ahí provén o noso nome.

-¿Imaxínome que dariades concertos xa?
O noso primeiro concerto foi nunha exposicion de fotos que houbo na sala Rivas Brións de Vilagarcía, mais que un concerto foi aportar banda sonora á exposición e ficamos moi satisfeitos co noso traballo e queriamos empezar a facer mais bolos para  Vilagarcía e así puidemos tocar noutro bolo que organizaban os locais de ensaio, onde estamos ensaiando actualmente, e ese para nos foi o mellor concerto de todos, pasámolo en grande e divertímonos moito.
Tamén demos outro en Cambados no pub esmorga, tamén ficamos bastante contentos.
Por agora xa non temos máis concertos mais esperamos telos pronto que xa hai ganas (risas), fai uns días nos apuntamos a un concurso en Compostela  e ainda estamos a espera polos resultados
de entrada ou non.

-¿E que se sinte cando subes ao escenario e a xente aclama por vos, coma nun concerto de Led Zeppelin?
(risas) pois a sensacion e indescriptibel, a primeira vez que te subes é como un orgasmo, si me permites a expresión, é un bummm! non o sabes ata que subes a un escenario, é unha mestura de felicidade con nervios, unha sensación boísima, e ao ver o traballo feito e exponerllo á xente te sintes satisfeito e feliz.

-¿Seres compoñente dun grupo te facilita as cousas á hora de ligar? 
Home a verdade é que cando falas cunha rapaza e sae o tema de estar nun grupo ,pois si que lle sorprende un pouco, pero bueno, a verdade é  que moito non ligas de momento, cando xa sexamos coma Queen ou así, pois xa chegarán, pero a verdade é que lles mola a idea de estarmos nun grupo. 

-E xa para rematar,¿poderías dicir algunhas verbas para os vosos fans?
Pois dicirlles que moitas grazas polo apoio que nos dan e por estares alí sempre en todos o concertos que damos, que sempre tocamos case o mesmo pero eles están alí en primeira fila animandonos. Moitas grazas.
E as outras persoas pois dicirlles que proben a escoitar musica en galego que non é cousa extraterrestre e ademais hiy que escoitar todo tipo de musica para culturizarse un pouco sobre o mundo da música, unha vez que escoitas musica en galego engancha.
Bueno e nada máis, moitas grazas por deixarnos compartir a nosa pequena historia convosco
e seguiremos traballando para mellorar cada día, moitas grazas.

Teléfono de contacto: 650399180 Pive.
      680333018 Andrés.


 

lunes, 30 de marzo de 2009

CAMPIONATO DE XADREZ

Gonzalo Bouza Brey, naceu en VILAGARCÍA DE AROUSA (Pontevedra) o 4 de Febreiro de 1980. Comezou dende moi novo a interesarse polo xadrez, e agora con preto de 29 anos e despois de militar en equipos como o Liceo(2 anos) e no Fontecarmoa(10 anos, no cual segue), continua xogando coma o primeiro día. Dende o día 4 ao 10 de Abril no hotel Scala de Padrón, xogará o Campionato Galego Absoluto de xadrez. Tiven a oportunidade de facerlle unha entrevista antes deste compromiso importante no que lle desexamos toda a sorte do mundo a este Vilagarzá. A continuación, terédes a oportunidade de ler esta interesante entrevista.

-¿Dende cantos anos levas xogando ao xadrez e por que  esta paixon por este xogo?
Comecei aos 10 anos cando me ensinou meu pai e pouco a pouco me foi picando o gusanillo e empecei a mellorar o meu nivel de xogo, sobretodo cando tiven o meu  primero libro de xadrez aos 13 anos.

-¿Ten algún trofeo?
Pois si, trofeos escolares de campeonatos zonales de xadrez, pero xa teñen moitos anos.

-¿Foches profesor deste gran xogo algunha vez, nalgún local ou clube? 
Son monitor de xadrez e dou clases aos nenos da fundación agora mesmo.

-¿Hai algún alumno que destaque sobre o resto pola súa calidade?
Dos que lle dou clase eu, agora mesmo non, todavía están comezando.

¿Que expectativas ten para este campeonato galego absoluto?
Eu sempre vou os torneos a gañalos,ainda que supoño que o nivel será elevado. 

-E xa para rematar Sr. Bouza Brey, nos pode contar algunha anécdota que lle acontecera nalgún campionato?
Nun torneo do ano pasado, non me lembro exactamente cal, empecei fatal unha partida ata o punto  que ás  poucas xogadas tiña a torre de menos, bueno pois como saberás as torres están nas esquinas e nun momento da partida, non sei cando exactamente, o meu adversario trabucouse e a torre que tiña na esquina pensou que a tiña fóra e a sacou da toboleiro, e así igualouse a partida e rematou perdendo por iso. 

Pois te desexo sorte para este torneo que todos temos a convicción que vai vir para Vilagarcia, ánimo e unha aperta.



ACTO RIDICULISTA EN COMPOSTELA


O Venres 27 de Marzo, congregáronse preto de 1.000 persoas na Compostelana praza do Obradoiro para realizaren un acto ridiculista, orixinado polas críticas do PP compostelano, encabezado por Conde Roa, hacía a Sala Nasa, dicindo que dicha sala promovía a “Kale Borroka” e o terrorismo na capital de Galiza. Alí se puideron ver caras coñecidas como Miguel de Lira, Quico Cadaval, Xosé Manuel Beiras, Cristina Domínguez, Margarita Ledo, Pepa Yáñez, Mónica García, Carlos Santiago ou Luis Gonçales Blasco 'Foz'.  Nun primeiro momento da concentración os asistentes sacaron a foto a cara descuberta, e a continuación puideron tomala ca cara tapada, simulando a terrorista, que segundo di o PP de Compostela existen na Sala Nasa.

En definitiva, o acto foi un éxito rotundo e co obxectivo de parar os ataques a Sala foi polo que se realizou a concentración.

Video da noticia













VILAGARCIA BASKET CUP

Dende o próximo 9 de Abril ao 12 dese mesmo mes, se xogará a sempre interesante XIV Vilagarcia Basket Cup. Este ano cambia o formato, virán seleccións(España, Italia, Alemaña, Rusia, Francia, Angola, Chequia, Nova Zelanda) en vez de equipos como viñan facendo nas últimas trece edicións. Os abonos para este evento  están á venda dende o 27 de Marzo en Motor Bazar, na páxina de Caixanova ou a través do teléfono 902 504 500.
  A organización puxo a disposición do público 400 abonos, reservando 100 para a taquilla do primeiro día de torneo.

Os prezos serán: 
-abono adultos para os catro días:15€.
-abono menores de 14 anos: 6€.
-entrada diaria: 6€.
-entrada de nenos: 3€ por día.

As persoas que compren o abono por Internet, comprométese a enviarlle á sucursal elexido polo comprador o abono en 48 horas.

Ficades todos invitados e a pasalo ben vendo o mellor basket da Galiza.




domingo, 29 de marzo de 2009

PRESENTACIÓN DA RA!


Este pasado sábado 28 de Marzo pola mañá,  na Praza das Praterias de Compostela, na Praza Maior de Lugo e xa pola tarde na Praza da Peregrina en Pontevedra, presentouse a rá (Rede Anticapitalista Galega), que naceu  da unión de colectivos e persoas galegas que queren crear alternativas que servan para transformar o sistema actual pero dende unha perspectiva galega.

A Ra!, pretende elaborar políticas que non favorezan sempre ao capitalismo sobre dereitos presentes e de futuro da humanidade e do planeta Terra, algúns dos seus obxectivos son: a defensa dos dereitos humanos, a multiculturalidade, a paz, sustentabilidade enerxética e o dereito á soberanía alimentar dos pobos, estes son algúns dos obxectivos que a Ra, que acadar.





A continuación, podedes ver o manifesto e unha octavilla da Ra, onde se explica máis en profundidade que é, cales son os seus obxectivos e unha axenda con próximas actividades







sábado, 28 de marzo de 2009

ISTO É O CAPITALISMO




UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS






Dispersión de presos


Agrava-se a situaçom dos prisioneiros independentistas

ImageSegundo comunicou o activista santiaguês a Ceivar numha chamada telefónica a um achegado, ontem teria-se-lhe aplicado o artigo 10 do Reglamento Penitenciário e assignado a prisom de Madrid III, Valdemoro, como centro de destino. As informaçons estám ainda por confirmar, mas coincidem com o percurso habitual após brigas como a que sustentárom Sánti e José em Mansilla de las Mulas, e apontam a um endurecimento substancial da vida carcerária para os dous patriotas. Nom há novas por enquanto da situaçom do José, sobre o que pesava a mesma solicitude de artigo 10 que para Sánti.

A aplicaçom do artigo 10 supom o regime de vida fechado para os presos preventivos, equivalente ao que, após a condena, recebe o nome de "primeiro grau". Dependendo da prisom de destino, este regime de vida pode concretizar-se em módulos de isolamento, com apenas quatro horas de pátio diárias e nom mais de três companheiros, sem actividades nem ginásio, nem escola, nem direito a dispor na cela de mais de duas mudas e dous livros; ou, polo contrário, pode tocar umha prisom onde o regime de vida, formalmente idêntico, se leve em módulos "normais" onde o prisioneiro em primeiro grau simplesmente tem algumha restriçom (comer na cela, ficar encerrado polas tardes, etc.). Em todo caso, sob artigo 10 é obrigatório dormir em cela individual, com o que se solucionaria umha das principais fontes de conflitos entre estes dous prisioneiros e Instituiçons Penitenciárias.

Nos próximos dias dilucidarám-se as dúvidas ainda pendentes: se é com efeito o artigo 10 o aplicado, se Valdemoro é a prisom de destino ou só de tránsito, se a José também lhe aplicárom o mesmo artigo, e se os dispersam.


COMUNICADO DE CEIVAR

O organismo popular anti-repressivo precisa de jeito iminente neste Abril a quantidade de 5800 euros para abonar em Madrid. O conceito que gera semelhante desembolso económico é a realizaçom dumha peritagem legal imprescindível para o processo judicial em que estám encausados os patriotas galegos Santiago Vigo e José Manuel Sanches. Mais umha vez, fazemos um apelo público à solidariedade do Povo Galego com os militantes repressaliados e à participaçom colectiva na sua defesa perante os tribunais de excepçom de Espanha através da doaçom de recursos económicos. 


Segundo informaçons facilitadas pola Equipa Jurídica do organismo, se finalmente se determinar a competência da ‘Audiencia Nacional’ para processar José Manuel Sanches Gorgas e Santiago Vigo Domingues –algo que é absolutamente provável apesar da batalha legal estabelecida neste sentido-, o juízo poderia fixar-se para finais de 2009 ou princípios de 2010. Além da incerteza das datas, a realidade é que a defesa jurídica de ambos patriotas implica um desembolso continuado de fundos que agora se agudiza com a imprescindível realizaçom dumha peritagem técnica e o desembolso anunciado. 

Mais umha vez, recorremos à sempre efectiva solidariedade comunitária de galegas e galegos para fazer frente a umhas quantidades cujo abono é urgente e imprescindível, como dixemos, para defender os militantes presos nas melhores condiçons possíveis ante os tribunais de excepçom. Temos aberta a Conta Nacional 2091 0395 21 3040001337 na entidade financeira ‘Caixa Galicia’ através da que as pessoas e colectivos solidários podem fazer as suas achegas económicas. Solicitamos que junto aos ingressos realizados se anexe o conceito ‘Peritagem Madrid’. 

Anonimato garantido 

A realizaçom do ingresso por colectivos ou particulares nom precisa necessariamente da identificaçom ante a entidade bancária da pessoa ou grupo que realiza a achega económica. De Ceivar comprometemo-nos a destinar a totalidade dos ingressos obtidos sob o citado conceito ao abono da citada peritagem. Animamos a todos os portais independentistas a reproduzirem esta informaçom e somar esforços na defesa colectiva dos patriotas galegos que neste momento enfrontam a prisom, a dispersom e o isolamento. 

AVANTE A SOLIDARIEDADE GALEGA! 
LIBERDADE PRESOS INDEPENDENTISTAS! 
DISOLUÇOM DA ‘AUDIENCIA NACIONAL’!